Forxa Mancomún

Xunta de Galicia
Procura avanzada
Publicado por : Administracion Forxa
Data : 06-07-2016 12:14
Resumo :A Amtega e a Consellería de Política Social liberan INclúe
Proxecto :Inclúe

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Política Social, publican o código fonte da ferramenta tecnolóxica INclúe baixo licenza libre.

Amplíase así o contido do repositorio incrementando as aplicacións e ferramentas que a Xunta facilita para a súa reutilización.

Esta ferramenta é un dos resultados do proxecto que leva por nome “Proxecto INclúe: Innovación para a Inclusión Social” e no que participan como socias a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia e Inclusión; a entidade de acción social Emáus Fundación Social; e a consultora tecnolóxica EOSA. O proxecto contou co apoio financeiro do Programa de Cidadanía Activa pertencente ao Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA) 2009-2014.

Un dos retos deste proxecto consistía en desenvolver unha ferramenta tecnolóxica que facilitase a valoración técnica das situacións de exclusión social con criterios homoxéneos, que puidesen ser aplicados polas entidades públicas e privadas que operan no ámbito da inclusión social en Galicia.

A Ferramenta INCLÚE

Con base nestes criterios creouse a ferramenta INclúe, que permite o cálculo de ata 100 indicadores, configurados en catro grandes dimensións, que tratan de obxectivar a valoración da situación dunha persoa nun momento concreto e facilitar a avaliación das intervencións. Para todos estes casos, ademais, a ferramenta actúa como unha gran base de datos na que se almacenan os resultados para posteriores consultas ou análises.

Últimas novas

Foros de discusión: a-amtega-e-a-conseller--a-de-pol--tica-social-liberan-incl--e

Monitorizar o foro | Comezar unha nova conversa Comezar unha nova conversa

 

Tema Iniciador do tema Respostas Última mensaxe
  instalaciónPatricia Pasgal riedel006-24-2016 11:46