Forxa Mancomún

Xunta de Galicia
Procura avanzada
Publicado por : Administracion Forxa
Data : 06-20-2016 12:38
Resumo :Actualización do Dicionario de pronuncia da Lingua Galega
Proxecto :Dicionario de pronuncia da lingua galega

O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega acaba de ser actualizado, incorporando 30 novos termos, polo que en total inclúe xa 66.742 ficheiros de son. Con esta actualización, que está dispoñible xa para a súa descarga (https://forxa.mancomun.org/frs/shownotes.php?release_id=810), aproveitouse tamén para corrixir algún dos sons anteriores.

O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega ofrece un modelo de pronuncia correcta da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.

Os ficheiros liberados están en formato aberto ogg e dispoñibles baixo licenza libre Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional. Xunto cos mesmos está dispoñible tamén unha nova versión da base de datos que recolle tanto os anteriores termos como os novos que se engaden.

Para máis información sobre como facer a actualización pódense consultar as instrucións que se acompañan.

Este proxecto aínda non foi categorizado na Árbore de proxectos

Últimas novas

Foros de discusión: actualizaci--n-do-dicionario-de-pronuncia-da-lingua-galega

Monitorizar o foro | Comezar unha nova conversa Comezar unha nova conversa

 

Tema Iniciador do tema Respostas Última mensaxe