Forxa Mancomún

Xunta de Galicia
Procura avanzada
Publicado por : Administracion Forxa
Data : 08-18-2016 11:08
Resumo :A AMTEGA libera unha nova versión de XEA
Proxecto :XEA-CeMIT

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de publicar como software libre unha nova versión de XEA no Repositorio de Software Libre, na forxa de Mancomún. Esta é a cuarta versión que se publica desta aplicación de xestión das aulas CeMIT, dende que fora inicialmente liberada como software libre a finais do ano 2014.

Esta nova versión, que está posta xa en produción na rede CeMIT, corrixe erros que se foron detectando así como incorpora pequenas melloras de usabilidade para as usuarias e usuarios, así como para as e os axentes TIC, quenes se encarga da xestión das aulas.

Deste xeito a AMTEGA mantén a súa aposta por facilitar as posibilidades de reutilización desta aplicación por calquera outra iniciativa similar, poñendo a disposición as diferentes versións con melloras derivadas do uso diario e das peticións das usuarias e usuarios da rede.

A rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que integra un total de 98 aulas, repartidas por toda a xeografía galega, e que ten por obxectivo a redución da fenda dixital, ofrecendo formación pública e gratuíta en novas tecnoloxías a cidadáns e empresas. A rede CeMIT ten rexistrados máis de 40.000 usuarios e leva impartidas máis de 144.000 horas de formación.

XEA é unha aplicaciòn que facilita a xestión de todos os recursos da rede, adaptándose ás necesidades de axentes TIC e usuarios. Por unha banda, a aplicación permite aos usuarios a consulta sobre todas as actividades de formación que se ofertan nos distintos centros da rede, a inscrición nas mesmas, o apoio para a súa realización e a obtención de certificados de aproveitamento dos mesmos. Por outra, facilita aos axentes TIC, responsables dos centros e das actividades a organización da súa actividade diaria

Últimas novas

Liberada unha nova versión do proxecto XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 09-26-2016 17:35 -
0 Comentario Ler máis/Comentar

A AMTEGA libera unha nova versión de XEA

Administracion Forxa - 08-18-2016 11:08 -
0 Comentario Ler máis/Comentar

A Amtega publica unha nova versión do proxecto XEA-CeMIT

Administracion Forxa - 12-27-2015 21:10 -
0 Comentario Ler máis/Comentar

Publícase a aplicación web de xestión de aulas da Rede CeMIT

Administracion Forxa - 01-18-2015 14:02 -
0 Comentario Ler máis/Comentar

Foros de discusión: a-amtega-libera-unha-nova-versi--n-de-xea

Monitorizar o foro | Comezar unha nova conversa Comezar unha nova conversa

 

Tema Iniciador do tema Respostas Última mensaxe