Forxa Mancomún

Xunta de Galicia
Procura avanzada
Publicado por : Frco. Javier Rial Rodríguez
Data : 02-10-2009 10:56
Resumo :Guionizador de galego
Proxecto :hyphenation-gl

Desde Mancomún anunciamos a dispoñibilidade dun guionizador ou recurso para a división de palabras ao final de liña para o idioma galego. O recurso consiste nun ficheiro que contén un conxunto de regras que especifica como teñen que separarse as sílabas en galego. Este ficheiro serve para calquera editor de texto que empregue as regras de guionización de TeX.

Asemade, tamén publicamos unha extensión que posibilita a instalación deste guionizador no OpenOffice.org (versión 3 ou superior). Actualmente estamos traballando para adaptalo ás versións anteriores do OpenOffice.org...

Esta é unha primeira versión do guionizador, polo que pode conter erros ou limitacións. No caso de atopar calquera palabra que o guionizador separe de xeito incorrecto, rogamos nola notifiquedes, ben na páxina do proxecto na Forxa de Mancomún (sección Foros) ou ben a través do correo electrónico mancomun@mancomun.org />
O ficheiro de regras está xerado a partir do traballo sobre unha selección de case 5000 palabras galegas guionizadas e procesadas a través da ferramenta patgen.

Na páxina de descargas do proxecto poderedes atopar tamén diversos ficheiros usados para a creación do guionizador e tamén documentación sobre el.

Últimas novas

Guionizador de galego

Frco. Javier Rial Rodríguez - 02-10-2009 10:56 -
0 Comentario Ler máis/Comentar

Foros de discusión: guionizador-de-galego

Monitorizar o foro | Comezar unha nova conversa Comezar unha nova conversa

 

Tema Iniciador do tema Respostas Última mensaxe