Forxa Mancomún

Xunta de Galicia
Procura avanzada

Notas:

Nome da publicación: Catenae, REDD e Ancoris

Notas:

Nesta memoria preséntanse tres achegas. En primeiro lugar (1) Catenae, unha libraría Python que permite construír de forma sinxela sistemas modulares e escalables de procesamento en tempo real. A libraría foi deseñada para servir de base a (2) REDD ({\it REddit Depression Detection}) pero cun enfoque amplo, buscando poder converter rapidamente un prototipo escrito en Python (de calquera índole) nun sistema escalable de procesamento en tempo real. REDD é unha plataforma integral para a detección temperá de risco de depresión en tempo real que opera sobre Reddit e na que os expertos poden revisar as alertas xeradas. Por último, (3) Ancoris é un xestor de recursos para clústers que, de novo, está ideado desde unha perspectiva xenérica (xestión sinxela de recursos dun clúster a través de contedores Docker) pero cunha aplicación concreta: prover os recursos necesarios para a execución de sistemas creados con Catenae.

Cambios:

v1.0